mércores, 23 de abril de 2014

Dubrovnik

Dubrovnik é unha cidade croata que está situada á beira do mar Adriático na chamada costa dálmata. É unha localidade de enorme interese turístico.
A historia de Dubrovnik é unha historia chea de adversidade e superación. Empecemos polo principio...
Esta cidade naceu no século VII cando un pobo de pescadores fuxiu dos Balcáns cara a costa do mar Adriático polos continuos ataques dos eslavos. A pesar de que construíron murallas, no século VIII foi invadida polos árabes


Unha vez recuperada a cidade no século IX, ésta comezou a coñecerse como Ragusa e convertíuse no porto máis importante do mar Adriático. Tal era o seu poder que formou a chamada República de Ragusa, rexida polo imperio bizantino. Debido a que a súa flota era máis comercial que bélica, os normandos invadíronos no século XI.

Un século máis tarde, a cidade volveu rexurdir e levantaron novas murallas. O tránsito comercial entre a República de Venecia e a República de Ragusa fíxose própero, tanto que os venecianos que invadiron o porto de Ragusa para controlar eles todo o mar Adriático. No século XIV a cidade xa comezou a chamarse Dubrovnik. Un século máis adiante fixeron un trato co imperio otomano que invadiu parte de Europa pero sen tocar Dubrovnik.

Cando por fin chegou unha época de prosperidade para  "A perla do Adriático", un  terremoto asolou a cidade en 1667. A cidade recuperouse, pero... Napoleón invadiuna no século XIX. No tratado de Viena(1815), Napoleón foi expulsado. A puntilla final foille dada coas dúas guerras mundiais e polo conflito dos balcáns nos anos noventa do século XX. 
Hoxe en dia, como indicamos anteriormente é un sitido dun enorme interese turísitico. Esperemos que os conflitos bélicos non volvan a aparecer nesta xoia do Adriático.
                                           
 
3º ESO A ANTÍA SAAVEDRA E JORGE RIVEIRO