martes, 10 de xuño de 2014

A muralla de Lugo


O día 24 de abril fomos recoller o premio do Correlingua 2014 a Lugo. Xa estiveramos algunhas veces nesta cidade pero nunca contestaramos ás preguntas que nos tiñamos formulado: cando estiveran os romanos en Galicia?, por que foi importante Lugo durante o imperio?, cando se construíron as murallas?. Unhas murallas que, por outro lado, son consideradas patrimonio da humanidade desde o ano 2000 pola UNESCO.
Coa axuda dun libro que se titula A muralla de Lugo, que nos regalaron o día da entrega do premio, imos tratar de dar resposta a estes interrogantes.

A chegada dos romanos

Dende o punto de vista dun romano da época a que había de ser Gallaecia era un territorio ubicado nas marxes do mundo coñecido, tras do cal abríase un enorme mar que quen sabe cabaría nunha temíbel fervenza. Por iso as terras galegas foron chamadas Finis Terrae.
Neste lugar afastado, frío e húmido, os civilizados invasores romanos só vían selva, a ausencia de viñas e oliveiras indicáballes ademais que tampouco había viño nin aceite, cousas imprescindíbeis nunha sociedade moderna.
Por outro lado, esta era unha terra salferida de aldeas e castros, seguramente subordinadas unhas ás outras, pero sen constituír nin de lonxe un estado como o romano. Nun lugar próximo a un destes poboados, que os romanos chamaban populos ou civitas, con influencia nun territorio extenso, que abarcaba desde o Lugo actual ata Padrón, asentaríase a futura Lucus Augusti.
Pero antes aínda tiñan que tomar posesión do territorio as lexións romanas.
Roma xa fixera algunhas incursións a finais do s. II a.C. con Décimo Xuño Bruto (alcumando O Galaico) ou a de Xulio César no 75 a.C., pero non deixaran de ser pequenas escaramuzas para gañar prestixio e levar algún tesouro.
Será a finais do século I a.C. cando Augusto conquiste e dominio o territorio da Gallaecia.

O campamento lexionario

Orixinariamente, a cidade de Lugo, foi un campamento romano. Unha peza arqueolóxica de granito coa incrición L. VI, é dicir, Legio VI, que foi unha das lexións que participou nas guerras de conquista das terras do noroeste peninsular asentáronse neste núcleo orixinario.
Este campamento só durou dez anos, xa que unha reorganización administrativa militar feita posteriormente por Augusto converteu o campamento nunha cidade.

A cidade romana

Lugo fundouse como cidade no 14 a.C. A nova división administrativa romana creou unha provincia denominada Gallaecia que a súa vez estaría subdividida en tres conventus (órganos administrativos, xudiciais e fiscais), que tería como capitais a Braga, Astorga e Lugo. O conventus lucensis abarcaría territorialmente a Galicia actual.
Lucus Augusti converteuse nun centro moi importante de comunicacións e relacións comerciais, ademais da capital administrativa do noroeste hispano. Esta condición debeu ser a causa de que as autoridades romanas decidiran fortificala.

A muralla

Aínda así a muralla é moi posterior. Probablemente foi erguida entre o 260-265 e o 310-325 da nosa era, cando Roma comezou a sentir a ameaza bárbara nas súas fronteiras, ademais das que proviñan das revoltas sociais no interior do propio imperio. Foi rematada no 337 na época do emperador Constantino.
A súa realización debeu exixir un importante despregue de medios humanos e económicos o que explica a súa excelente conservación.
O perímetro da muralla é unha elipse imperfecta, pois foi construída tendo en conta e aproveitando os desniveis do terreo. A lonxitude total do perímetro é de 2.678 metros e a altura oscila entre os oito e 12 metros. O camiño deronda, que é o pase actual pola cima do recinto, mide entre catro metros e medio e sete de ancho.
Na súa orixe a muralla contou con 85 torres das que quedan 72. O diámetro da plante semicircular oscila entre dez e algo máis de 13 metros. Estas sobresan do resto da muralla para poderen os soldados defender mellor desde elas os espazos laterais.
Da muralla orixinal consérvanse cinco portas: a Miña, a de Santiago, a de San Pedro, a Nova e a Falasa. As outras, ata dez coas que conta na actualidade, serían abertas posteriormente son: a do Bispo Aguirre, a da Estación, a de San Fernando, a Nova e a do Bispo Odoario, son novas e teñen un arco moito máis amplo e apainelado.
 
Visitar Lugo merece a pena sempre.

 Portas da muralla de Lugo.
1. Porta de San Fernando
2. Porta Falsa
3. Porta da Estación
4. Porta de San Pedro
5. Porta do Bispo Izquierdo
6. Porta do Bispo Aguirre
7. Porta de Santiago
8. Porta Miñá
9. Porta do Bispo Odoario
10. Porta Nova

3º ESO A JORGE RIVEIRO e CANDELA ALONSO