luns, 9 de xuño de 2014

Ucraína, o meu país

Eu nacín e vivín durante os primeiros anos da miña vida en Ucraína. O meu país está situado ao leste de Europa e pertenceu ata o ano 1990 a antiga URSS.
O termo Ucraína ten dúas definicións principais: territorio fronteirizo en ruso ou país en ucraíno. 
Vivía nun pobo chamado Beresmigovata que estaba situado perto dunha importante cidade do meu estado, Mykolaiv (ucraíno) ou Nikolaev (ruso) que significa Nicolás, nome que lle puso un antigo emperador ruso que precisamente tiña ese nome e que era devoto
deste santo. Esta rexión está situada no sudoeste de Ucraína, moi perto da península de Crimea no mar Negro.
A miña terra é unha terra de guerras e invasións . Estivo ocupada polos turcos ata finais do século XVIII. Conquistada polos rusos, invadida polos alemáns nas dúas guerras mundiais e ocupada polos soviéticos ata que en 1990, como indiquei antes, independizouse da URSS ou da Rusia actual.
Este conflito aínda persiste na actualidade e ten dividido a poboación do meu país, pois hai áreas que queren inorporarse a Rusia
Avenida de principal de Mikolaiv
como son a península de Crimea e a parte oriental onde vive moita poboación de orixe ruso.
Mykolaiv é unha cidade duns 500.000 habitantes que é a capital administrativa da rexión na que vivín. Está situada na confluencia de dous ríos, o Pivdenyi Buh e o Inhul a 65 km da desembocadura no mar Negro. É un núcleo moi industrial onde existen importantes estaleiros, industria mecánica e unha fábrica de cervexas que é a máis importante de Ucraína (Yantar).
Estaleiro en Mikolaiv
Beresmigovata é un pobo moi bonito. Hel había moitos cines, teatros, bares, un parque que contaba con atraccións. O meu colexio era moi grande. Recordo que nevaba moitísimo en inverno e que os veráns eran moi cálidos e chuviosos. En verán eu me bañaba no río. Algúns dos pratos tradicionais que cociñaban na miña casa, e que a min me gustaban moito eran o verenyky, o borsaht, o holubts, ademais do polo Kiev no pastel.
Algunhas cousas que sei sobre o meu país de nacemento é que o segundo máis grande de Europa en extensión despois de Rusia, que a súa capital, Kiev, é ademais a cidade máis grande do país con 2,6 millóns de habitantes. O idioma oficial deste país é o ucraíno, o ruso.
Ucraína conta co segundo exército máis grande de Europa e ten unha poboación de 46 millóns de habitantes. Na xeografía abundan as planicies fértiles, mesetas e conta con ríos coma o Dniester (un dos ríos máis grandes do mundo) e o Bug Meridional.
É un dos países con maior produción de enerxía nuclear do mundo. En 1986 tivo un accidente nuclear moi grave na localidade de Chernóbil.

4º ESO B Popovych, Yevgeniy