venres, 6 de xuño de 2014

LONDRES

Eu nacín na cidade de Londres. A miña infancia discurriu no barrio de Barking, na rúa Alfred's Garden's 15. Nela había un parque no que solía xogar de pequena. Era enorme e tiña moitas cousas para xogar e facer.



O meu barrio: Backing e Dagenham

Está situado no nordeste do Gran Londres (formado por 32 distritos) tamén denominado Londres Exterior. Limita con outros distritos como Havering ao leste, ao sur co río Támesis onde se sitúa, á outra beira, o distrito de Bexley e Greenwich (o famoso meridiano 0º recordades? está situado aquí), ao suroeste con Newham e ao noroeste con Redbridge.
A poboación do meu antigo barrio (ou distrito) ten na actualidade perto de 200.000 habitantes (comparade esta cantidade cos 10.000 habitantes que residen no barrio de Elviña). A maioría era poboación xove (23,3% ten menos de 16 anos) e adulta (69,2%). Os maiores de 74 anos só representa o 7,3%. 
A maioría da poboación (88%) era de orixe británico, mentres que o 12% éramos inmigrantes. A procedencia era moi variopinta (hindúes, paquistaníes... aínda que a maioría éramos dos países do sur de Europa). Trátase dun barrio de clase media.
Para ir ao centro de Londres (a City) utilizabamos o tren. Eu vivía perto da estación onde estaba situado un importante centro comercial. A distancia á City era de 20 km e tardábamos uns 40 minutos.
East Street, rúa peonil e comercial de Backing

Situación de Backing, o meu barrio

Os mellores sitios para visitar

Os sitios que máis me gustan para visitar Londres son o Big Ben que é o reloxo do Palacio de Westminster (sede do parlamento británico). A torre Big Ben é o máis representativo da cidade. É un dos máis grandes reloxos mecánicos do mundo. Big Ben é o nome que se coñece no mundo enteiro para a torre, pero oficialmente este nome refírese ao campá principal. 













London Bridge

Moitas pontes cruzan o río Támesis ao longo das súas 346 millas, pero esta é, quizais, a máis famosa, a Tower Bridge. Esta ponte é unha icona da cidade de Londres, unha imaxe universal da capital británica. As dúas torres están ligadas por unha ponte peonil proxectada para a atravesar o río. Cando os barcos atravesan as augas do Támesis ésta elévase.



London Eye

A London Eye é a maior noria xigante do mundo. Aínda que a cidade ten moitísimas atraccións tanto antigas como recentes, a máis demandada polos turistas é esta. Desde as súas alturas, pódense gozar das vistas panorámicas de Londres e os seus suburbios. Está situada á beira do Támesis, precisamente fronte ao Big Ben. Desde  as  súas trinta e dúas cabinas de vidro podemos tomar excelentes fotografías da cidade. En cada unha delas caben vinte persoas sentadas en bancos; ademais todas as cápsulas teñen aire acondicionado. A atracción dura unha media hora.
















Idioma e Moeda


A lingua oficial é o inglés, e mentres camiñaba pola rúa, moitas veces escoitabamos falar español polo gran fluxo de turistas que había en restaturantes e outros lugares públicos era moi raro atopar alguén que falase outras linguas.

Como en todo o Reino Unido, a moeda oficial en Londres, é a libra esterlina (GBP, £) en inglés libra esterlina. Cada libra divídese en 100 peniques. Os billetes máis comúns teñen un valor 5, 10, 20, 50 e 100 libras. Tamén hai billetes de £ 1, pero son realmente raros de atopar, e tamén son impresos en Escocia.  Aínda que Gran Bretaña pertence a Unión Europea, non pertence a unión monetaria do euro.



O tempo

É moi común considerar a Londres como unha cidade sempre gris nubrada onde sempre chove, e iso non está lonxe da realidade. O tempo en Londres cambia constantemente durante o día e, aínda que moitas veces hai temperaturas extremas nun único día é común ver nubes, choiva, frío e mesmo sol e calor. As choivas son frecuentes durante todo o ano, polo que sempre é importante levar un paraugas ou capa de choiva. O clima é temperado con temperaturas pouco extremas (nen moi frías, nen moi cálidas). Os meses máis fríos son entre decembro e marzo, cando as temperaturas medias son entre 0º e 8º C, en verán, o meses máis cálidos son xullo e agosto cunha media de 17º C..



                                                         3º ESO B Sharon Carmona Andrade