Amosando publicacións coa etiqueta 4º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º ESO. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de xuño de 2014

Lagoa de Cospeito

A lagoa de Cospeito é un humedal situado no concello que leva o mesmo nome, considerada unha das lagoas máis importantes de Galicia.

AS SÚAS CARACTERISTICAS 

Trátase dun dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da peninsula, as súas augas proveñen do río Guisande,afluente do Miño. 

Tempo atrás existian dúas lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecada para uso exclusivo agrario nun plan de colonización que se elaborou nos anos cincuenta do século pasado igual que sucedeu na lagoa de Antela na comarca da Limia (Ourense). 

  FAUNA E FLORA 

Neste humedal existen aves como avefrias, ánade silibón, ánade real e galiñas de auga etc. É, por outro lado, un observatorio de aves migratorias.

flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros.

  OPINION PERSOAL

Levamos algo de decepción porque a lagoa non era tan grande como esperabamos debido, á desecación que tivo nos anos sesenta do século pasado.

O que máis nos  gustou foi a paz e tranquilidade que transmitía o lugar,tamén a  súa natureza e algunhas especies que vimos dede os miradores que por alí había.

l
A lagoa de Cospeito ocupa actualmente o 40% da extensión orixinal. Este humedal fóra disecado en parte como un plan de colonización agraria. Hai un poema de Manuel María onde criticaba esta intervención tan degradante para o medioambiente.
  


Estará asulagada a antiga cidade de Valverde no fondo das súas augas? Loli relátanos a lenda.







 
 Detalle da lagoa no circuito que realizamos

 O sendeiro ten uns catro quilómetros. Subimos a unha torre observatorio de aves.











4ºESO B ALBERTO GARCIA  E JHONATAN CARDONA

sábado, 31 de maio de 2014

Castro de Viladonga

Empezouse a escavar en 1972, de forma periódica. Os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación continúan aínda hoxe en día.

Este xacemento é un verdadeiro modelo de castro característico do noroeste peninsular, con murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou anterrazamentos e unha ampla acrópole ou croa central. Neste recinto atópanse edificios de usos social ou comunal, vivendas, currais, almacéns; agrupados formando un conxunto que se articula nas dúas rúas principais e un camiño paralelo á muralla principal.

O Castro de Viladonga tivo un asentamento ou ocupación duradeira e importante entre os séculos II e V da nosa era. Este dato e moi importante porque racha coa visión de que a ocupación demográfica destes remata coa chegada dos romanos. Isto non é verdade. Cando se empeza a ocupar por parte dos romanos, Lugo (importante cidade da Gallaecia), os habitantes de Viladonga siguen vivindo neste núcleo que está situado a 25 km da capital. Os restos arqueolóxicos que se atoparon nestes castro pertencen á época da romanización como son os restos numismáticos (moedas) desta época.

Por último sinalar que o castro consta cun museo onde se describe con moito detalle as características e formas de vida que tiñan os poboadores deste núcleo.



 
A nosa opinión é que é un bo sitio para estar tranquilo e pasar a tarde vendo o xacemento. O que máis nos impresionu foi a conservación da muralla e a exposición do museo que se atopa ao lado do castro.


Visualización do vídeo explicativo sobre o castro

Maqueta do castro de Viladonga exposta no museo

Jonathan Cardona ás portas da entrada no castro

O grupo pasea e observa a parte consolidada do castro


Un descanso no interior


Edificio para uso comunal

4º ESO B Estrella Elizabeth Villanueva Vera e Noelia Barcia Muiño

xoves, 10 de abril de 2014

A casa das Hortas




A casa de Manuel Maria esta situada no lugar de Outeiro de Rei . Alberga o museo e a sede da Fundación que leva o seu nome.  Acolle a biblioteca, manuscritos  e obxectos persoais do poeta. Foi inaugurada o sete de setembro de 2013.

O primeiro que nos chamou a atención foi o grande e ben conservada que se atopaba ésta. O guía xa nos indicou que Manuel María era fillo de labregos acomodados e que o seu pai chegou ser o alcalde do concello.
A casa é o prototipo da casa chairega: co tellado a catro augas, situándose as habitacións e salón no primeiro piso e a cociña e comedor no baixo.
Dentro dos fondos que acolle a casa museo destacan obras de Castelao, Luis Seoane, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo e unha biblioteca persoal do poeta que contén as mellores coleccións particulares do libro galego e sobre a Galiza da posguerra .
Preparándonos para visitar a cas de Manuel María

Tellado do alpendre. Actual salón de actos da Fundación

Despacho do poeta cun retrato deste

As fiestras ábrense á paisaxe da Terra Cha, inspiradora da poesía deste autor

Detalle do salón. Por esta casa pasaron escritores e artistas moi importantes da cultura galega


Esta casa tamén supón un servizo para os propios veciños de Outeiro de Rei. O antigo alpendre foi convertido nun salón de actos.

OPINIÓN PERSOAL: Antes de visitar a casa demos un paseo pola carballeira de Santa Isabel, situada á beira do río Miño que nos gustou moito .

O que máis nos gustou foi a paisaxe  que se contemplaba desde unha das ventás dunha habitación. Entre a  colección de  obxectos que ali habia chamounos a atención as navallas que Manuel Maria coleccionou ao longo da súa vida.   

A biblioteca foi traída da súa casa da Coruña que estaba situada no barrio de Monte Alto. Está conservada tal como a tiña organizada no seu domicilio herculino. Manuel María era un gran amante da nosa cidade e pasou  un período extenso e intenso da súa vida nela.




4º ESO B Michael Junior Antigua Rodriguez,  Jorge Piñeiro Patiño