Amosando publicacións coa etiqueta PROPOSTAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROPOSTAS. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de xuño de 2014

Lago titicaca



O Lago Titicaca(Lago sagrado dos Incas,traducido como Pedra do Puma,e coñecido por moitos nomes ou alcumes.)  É o maior lago de América do Sur con uns 8300 km2 e 3821 metros ao nivel do mar,o maior lago do Titicaca e o Lago Chuchito  de augas azuis e doces;as súas islas son testimonios de restos arqueolóxicos  das civilizacións  Aymaras.
O menor lago é o Wiñai Marka con unha paisaxe excepcional donde os Aymaras traballan na terra e na pesca tradicional.
O dato máis importante é que desembocan no lago máis de  25 ríos e ten 41 illas e algunhas moi poboadas;está localizado na fronteira de Perú e  Bolivia.

martes, 10 de xuño de 2014

A muralla de Lugo


O día 24 de abril fomos recoller o premio do Correlingua 2014 a Lugo. Xa estiveramos algunhas veces nesta cidade pero nunca contestaramos ás preguntas que nos tiñamos formulado: cando estiveran os romanos en Galicia?, por que foi importante Lugo durante o imperio?, cando se construíron as murallas?. Unhas murallas que, por outro lado, son consideradas patrimonio da humanidade desde o ano 2000 pola UNESCO.
Coa axuda dun libro que se titula A muralla de Lugo, que nos regalaron o día da entrega do premio, imos tratar de dar resposta a estes interrogantes.

A chegada dos romanos

Dende o punto de vista dun romano da época a que había de ser Gallaecia era un territorio ubicado nas marxes do mundo coñecido, tras do cal abríase un enorme mar que quen sabe cabaría nunha temíbel fervenza. Por iso as terras galegas foron chamadas Finis Terrae.
Neste lugar afastado, frío e húmido, os civilizados invasores romanos só vían selva, a ausencia de viñas e oliveiras indicáballes ademais que tampouco había viño nin aceite, cousas imprescindíbeis nunha sociedade moderna.
Por outro lado, esta era unha terra salferida de aldeas e castros, seguramente subordinadas unhas ás outras, pero sen constituír nin de lonxe un estado como o romano. Nun lugar próximo a un destes poboados, que os romanos chamaban populos ou civitas, con influencia nun territorio extenso, que abarcaba desde o Lugo actual ata Padrón, asentaríase a futura Lucus Augusti.
Pero antes aínda tiñan que tomar posesión do territorio as lexións romanas.
Roma xa fixera algunhas incursións a finais do s. II a.C. con Décimo Xuño Bruto (alcumando O Galaico) ou a de Xulio César no 75 a.C., pero non deixaran de ser pequenas escaramuzas para gañar prestixio e levar algún tesouro.
Será a finais do século I a.C. cando Augusto conquiste e dominio o territorio da Gallaecia.

O campamento lexionario

Orixinariamente, a cidade de Lugo, foi un campamento romano. Unha peza arqueolóxica de granito coa incrición L. VI, é dicir, Legio VI, que foi unha das lexións que participou nas guerras de conquista das terras do noroeste peninsular asentáronse neste núcleo orixinario.
Este campamento só durou dez anos, xa que unha reorganización administrativa militar feita posteriormente por Augusto converteu o campamento nunha cidade.

A cidade romana

Lugo fundouse como cidade no 14 a.C. A nova división administrativa romana creou unha provincia denominada Gallaecia que a súa vez estaría subdividida en tres conventus (órganos administrativos, xudiciais e fiscais), que tería como capitais a Braga, Astorga e Lugo. O conventus lucensis abarcaría territorialmente a Galicia actual.
Lucus Augusti converteuse nun centro moi importante de comunicacións e relacións comerciais, ademais da capital administrativa do noroeste hispano. Esta condición debeu ser a causa de que as autoridades romanas decidiran fortificala.

A muralla

Aínda así a muralla é moi posterior. Probablemente foi erguida entre o 260-265 e o 310-325 da nosa era, cando Roma comezou a sentir a ameaza bárbara nas súas fronteiras, ademais das que proviñan das revoltas sociais no interior do propio imperio. Foi rematada no 337 na época do emperador Constantino.
A súa realización debeu exixir un importante despregue de medios humanos e económicos o que explica a súa excelente conservación.
O perímetro da muralla é unha elipse imperfecta, pois foi construída tendo en conta e aproveitando os desniveis do terreo. A lonxitude total do perímetro é de 2.678 metros e a altura oscila entre os oito e 12 metros. O camiño deronda, que é o pase actual pola cima do recinto, mide entre catro metros e medio e sete de ancho.
Na súa orixe a muralla contou con 85 torres das que quedan 72. O diámetro da plante semicircular oscila entre dez e algo máis de 13 metros. Estas sobresan do resto da muralla para poderen os soldados defender mellor desde elas os espazos laterais.
Da muralla orixinal consérvanse cinco portas: a Miña, a de Santiago, a de San Pedro, a Nova e a Falasa. As outras, ata dez coas que conta na actualidade, serían abertas posteriormente son: a do Bispo Aguirre, a da Estación, a de San Fernando, a Nova e a do Bispo Odoario, son novas e teñen un arco moito máis amplo e apainelado.
 
Visitar Lugo merece a pena sempre.

 Portas da muralla de Lugo.
1. Porta de San Fernando
2. Porta Falsa
3. Porta da Estación
4. Porta de San Pedro
5. Porta do Bispo Izquierdo
6. Porta do Bispo Aguirre
7. Porta de Santiago
8. Porta Miñá
9. Porta do Bispo Odoario
10. Porta Nova

3º ESO A JORGE RIVEIRO e CANDELA ALONSO

luns, 9 de xuño de 2014

Ucraína, o meu país

Eu nacín e vivín durante os primeiros anos da miña vida en Ucraína. O meu país está situado ao leste de Europa e pertenceu ata o ano 1990 a antiga URSS.
O termo Ucraína ten dúas definicións principais: territorio fronteirizo en ruso ou país en ucraíno. 
Vivía nun pobo chamado Beresmigovata que estaba situado perto dunha importante cidade do meu estado, Mykolaiv (ucraíno) ou Nikolaev (ruso) que significa Nicolás, nome que lle puso un antigo emperador ruso que precisamente tiña ese nome e que era devoto
deste santo. Esta rexión está situada no sudoeste de Ucraína, moi perto da península de Crimea no mar Negro.
A miña terra é unha terra de guerras e invasións . Estivo ocupada polos turcos ata finais do século XVIII. Conquistada polos rusos, invadida polos alemáns nas dúas guerras mundiais e ocupada polos soviéticos ata que en 1990, como indiquei antes, independizouse da URSS ou da Rusia actual.
Este conflito aínda persiste na actualidade e ten dividido a poboación do meu país, pois hai áreas que queren inorporarse a Rusia
Avenida de principal de Mikolaiv
como son a península de Crimea e a parte oriental onde vive moita poboación de orixe ruso.
Mykolaiv é unha cidade duns 500.000 habitantes que é a capital administrativa da rexión na que vivín. Está situada na confluencia de dous ríos, o Pivdenyi Buh e o Inhul a 65 km da desembocadura no mar Negro. É un núcleo moi industrial onde existen importantes estaleiros, industria mecánica e unha fábrica de cervexas que é a máis importante de Ucraína (Yantar).
Estaleiro en Mikolaiv
Beresmigovata é un pobo moi bonito. Hel había moitos cines, teatros, bares, un parque que contaba con atraccións. O meu colexio era moi grande. Recordo que nevaba moitísimo en inverno e que os veráns eran moi cálidos e chuviosos. En verán eu me bañaba no río. Algúns dos pratos tradicionais que cociñaban na miña casa, e que a min me gustaban moito eran o verenyky, o borsaht, o holubts, ademais do polo Kiev no pastel.
Algunhas cousas que sei sobre o meu país de nacemento é que o segundo máis grande de Europa en extensión despois de Rusia, que a súa capital, Kiev, é ademais a cidade máis grande do país con 2,6 millóns de habitantes. O idioma oficial deste país é o ucraíno, o ruso.
Ucraína conta co segundo exército máis grande de Europa e ten unha poboación de 46 millóns de habitantes. Na xeografía abundan as planicies fértiles, mesetas e conta con ríos coma o Dniester (un dos ríos máis grandes do mundo) e o Bug Meridional.
É un dos países con maior produción de enerxía nuclear do mundo. En 1986 tivo un accidente nuclear moi grave na localidade de Chernóbil.

4º ESO B Popovych, Yevgeniy


venres, 6 de xuño de 2014

LONDRES

Eu nacín na cidade de Londres. A miña infancia discurriu no barrio de Barking, na rúa Alfred's Garden's 15. Nela había un parque no que solía xogar de pequena. Era enorme e tiña moitas cousas para xogar e facer.



O meu barrio: Backing e Dagenham

Está situado no nordeste do Gran Londres (formado por 32 distritos) tamén denominado Londres Exterior. Limita con outros distritos como Havering ao leste, ao sur co río Támesis onde se sitúa, á outra beira, o distrito de Bexley e Greenwich (o famoso meridiano 0º recordades? está situado aquí), ao suroeste con Newham e ao noroeste con Redbridge.
A poboación do meu antigo barrio (ou distrito) ten na actualidade perto de 200.000 habitantes (comparade esta cantidade cos 10.000 habitantes que residen no barrio de Elviña). A maioría era poboación xove (23,3% ten menos de 16 anos) e adulta (69,2%). Os maiores de 74 anos só representa o 7,3%. 
A maioría da poboación (88%) era de orixe británico, mentres que o 12% éramos inmigrantes. A procedencia era moi variopinta (hindúes, paquistaníes... aínda que a maioría éramos dos países do sur de Europa). Trátase dun barrio de clase media.
Para ir ao centro de Londres (a City) utilizabamos o tren. Eu vivía perto da estación onde estaba situado un importante centro comercial. A distancia á City era de 20 km e tardábamos uns 40 minutos.
East Street, rúa peonil e comercial de Backing

Situación de Backing, o meu barrio

Os mellores sitios para visitar

Os sitios que máis me gustan para visitar Londres son o Big Ben que é o reloxo do Palacio de Westminster (sede do parlamento británico). A torre Big Ben é o máis representativo da cidade. É un dos máis grandes reloxos mecánicos do mundo. Big Ben é o nome que se coñece no mundo enteiro para a torre, pero oficialmente este nome refírese ao campá principal. 













London Bridge

Moitas pontes cruzan o río Támesis ao longo das súas 346 millas, pero esta é, quizais, a máis famosa, a Tower Bridge. Esta ponte é unha icona da cidade de Londres, unha imaxe universal da capital británica. As dúas torres están ligadas por unha ponte peonil proxectada para a atravesar o río. Cando os barcos atravesan as augas do Támesis ésta elévase.



London Eye

A London Eye é a maior noria xigante do mundo. Aínda que a cidade ten moitísimas atraccións tanto antigas como recentes, a máis demandada polos turistas é esta. Desde as súas alturas, pódense gozar das vistas panorámicas de Londres e os seus suburbios. Está situada á beira do Támesis, precisamente fronte ao Big Ben. Desde  as  súas trinta e dúas cabinas de vidro podemos tomar excelentes fotografías da cidade. En cada unha delas caben vinte persoas sentadas en bancos; ademais todas as cápsulas teñen aire acondicionado. A atracción dura unha media hora.
















Idioma e Moeda


A lingua oficial é o inglés, e mentres camiñaba pola rúa, moitas veces escoitabamos falar español polo gran fluxo de turistas que había en restaturantes e outros lugares públicos era moi raro atopar alguén que falase outras linguas.

Como en todo o Reino Unido, a moeda oficial en Londres, é a libra esterlina (GBP, £) en inglés libra esterlina. Cada libra divídese en 100 peniques. Os billetes máis comúns teñen un valor 5, 10, 20, 50 e 100 libras. Tamén hai billetes de £ 1, pero son realmente raros de atopar, e tamén son impresos en Escocia.  Aínda que Gran Bretaña pertence a Unión Europea, non pertence a unión monetaria do euro.



O tempo

É moi común considerar a Londres como unha cidade sempre gris nubrada onde sempre chove, e iso non está lonxe da realidade. O tempo en Londres cambia constantemente durante o día e, aínda que moitas veces hai temperaturas extremas nun único día é común ver nubes, choiva, frío e mesmo sol e calor. As choivas son frecuentes durante todo o ano, polo que sempre é importante levar un paraugas ou capa de choiva. O clima é temperado con temperaturas pouco extremas (nen moi frías, nen moi cálidas). Os meses máis fríos son entre decembro e marzo, cando as temperaturas medias son entre 0º e 8º C, en verán, o meses máis cálidos son xullo e agosto cunha media de 17º C..



                                                         3º ESO B Sharon Carmona Andrade

xoves, 5 de xuño de 2014

A RUTA 66

A RUTA 66 (U.S.66) tamén é coñecida como Route 66 The Main Street of America (A rúa principal de Ámerica ) e doutras moitas maneiras. Formou parte da rede de estradas Federais de Estados Unidos . Unha das rutas federais orixinais que estableceuse o 11 de noviembre de 1926 pero aínda non estaba sinalada como tal ata o ano seguinte (1927). Orixinalmente esta famosa ruta percorre moitos estados, partindo dende Chicago (Illinois), a través Misuri, Kansas, Oklahoma, Texas, Nuevo México, Arizona y California, ata finalizar nos Ánxeles cun percorrido total de 2.448 millas (3.939 km).
E considerada a Nai das Estradaas de América e poucas rutas poden presumir dun espírito máis auténtico. Pese a que o seu nome deixou de utilizarse en 1985, moitos aventureiros seguen transitando por ela para ver o mellor dos EE.UU:.
Foi obxeto de moitas melloras e cambios de trazado, moitos de eles afectaron bastante a  lonxitude da estrada, un deles foi o traslado do final dos Ánxeles a Santa Mónica .

Quizais vos preguntaredes como foi construida ou canto tardouse en facer... para este tipo de preguntas temos respotas .
Uns empresarios naturais de Oklahoma e Illinois pensaron que Estados Unidos necesitaba unha autoestrada intercontinental que conectara ambas costas. Naturalmente, pensaron que era conveniente que esta ruta pasara por os pobos dos que eles eran orixinarios. Despois de convencer da importancia desta a seus gobernantes, empezó a sua construción, que durou 12 anos .

A pesar dos centos de kilómetros é percorrida por máis de miles de persoas durante todos os meses do ano . Esta cifra aumenta no verán xa que no inverno o clima empeora e pódese interrumpir a viaxe pola razón de que, esta ruta histórica, atravesa  distintas zonas montañosas .


Son un montón de quiilómetros, e os mochileiros suelen completala como un ritual,  por etapas, deténdose nalgunhas pequenas localidades que noutro tempo ofrecían comodidades ao viaxeiro (drive-ins, moteis, gasolineras…) e agora conservan esa aspecto retro. A esencia provinciana da Ruta 66 pódese saborear en lugares tan simbólicos como Gemini Giant, Black Madonna Shrine, Meramec Caverns, Red Oak II, Arcadia’s Round Barn, rancho Cadillac, rancho Big Texan Steak, Rainbow Rock Shop y WigWam Motel, Jackrabbit Trading Post, Elmer’s Place y Bob’s Big Boy.
Dúas recomendacións literarias básicas para ambientar a viaxe: As uvas da ira, de John Steinbeck (ou a versión cinematográfica de John Ford), unha novela clásica da Ruta 66 ambientada nos anos del dust bowl (a grande sequía dos anos 30 da grande depresión), ou No camiño, de Jack Kerouac, un himno beatnik a esta estrada que podremos completar col poema Canto a min mesmo de Walt Whitman.

3º ESO B ANDRÉS FERNÁNDEZ

Maravillas de Arxentina


As cataratas do Iguazú (en portugués: cataratas do Iguaçu) localízanse sobre o río Iguazú, no límite entre a provincia arxentina de Misiones e o estado brasileiro de Paraná. Están totalmente inseridas en áreas protexidas; o sector da Arxentina encóntrase dentro do parque nacional Iguazú, mentres que a porción do Brasil se encontra no parque nacional do Iguaçu. Foron elixidas como unha das «Sete marabillas naturais do mundo».

Están formadas por 275 saltos, o 80% deles sitúanse do lado arxentino. Un espectáculo á parte é o seu salto de maior caudal e, con 80 m, tamén o máis alto: a garganta do Demo, o cal se pode gozar en toda a súa maxestosidade dende só 50 m, percorrendo as pasarelas que parten dende Puerto Canoas, ao que se chega utilizando o servizo de trens ecolóxicos. Por este salto pasa a fronteira entre ambos os dous países. Pódense realizar paseos en lancha baixo os saltos e camiñadas por sendeiros apreciando algúns animais da selva semitropical pertencente ao distrito das Selvas Mixtas da provincia Paranaense.
No ano 1542, o español Álvar Núñez Cabeza de Vaca divisou as sorprendentes cataratas do río Iguazú e bautizounas como «saltos deSanta María», nome que co tempo foi substituído pola súa primitiva denominación  guaraní Iguazú .
Por entón a rexión era habitada por indíxenas da etnia mbyá-guaraní, os que ao redor de 1609 comezaron a vivir o proceso evanxelizador protagonizado polos sacerdotes da Compañía de Xesús, chamados xesuítas, os que desenvolveron exitosamente nesta rexión de Latinoamérica un sistema un sistema de reducións que chegou a contar con 30 pobos distribuídos nas rexións do TapéLa Guayrá (situados actualmente no sur de Brasil, Paraguai e en Arxentina, en toda a provincia arxentina de Misións e o norte deCorrientes). Foron as misións xesuíticas guaranís.

Por diferenzas políticas e económicas coa coroa de España os xesuítas foron expulsados en 1768.

A zona das cataratas volveu a cobrar un nuvo impulso cara a xuño de 1881 -pouco antes da federalización de Misiones- momento en que a provincia de Corrientes, que exercía a xurisdición, vendeu 50 leguas cadradas de terras sobre os ríos ParanáIguazú e Uruguai aSevero Fernández e Ernesto Arnadey. Estes transferiron os seus dereitos, en outubro dese mesmo ano, a Rafael Gallino quen volveu allealos a favor de Gregorio Lezama.

En decembro de 1881 Misións separouse de Corrientes e en 1882 asumiu o primeiro gobernador, Rudecindo Roca, quen dividiu o territorio en cinco departamentos. Un dos seus comandantes,Francisco Cruz, chegou ata a confluencia dos ríos Paraná e Iguazútransportando unha comisión científica alemá que buscaba terras para colonizar. Esta expedición era custeada por Ledesma(propietario das terras de Iguazú) e dirixida polo explorador Carlos Bossetti. Entre os expedicionarios encontrábase tamén Jordan Hummell, que anos máis tarde organizou a primeira viaxe de turismo ás cataratas do Iguazú. Así as cataratas son "descubertas" novamente e volveron ser admiradas.

Foz de Iguaçu 27 Panorama Nov 2005.jpg

 Ushuaia é unha cidade arxentina, capital da Provincia de Terra do Lume, Antártida e Illas do Atlántico Sur. Foi fundada o 12 de outubro de 1884 por Augusto Lasserre e sitúase nas costas da canleBeagle rodeada pola cadea montañosa do Martial, na baía deUshuaia. Ademais de ser un centro administrativo, é un nó industrial, portuario e turístico. É a única cidade arxentina que se encontra do outro lado dos Andes. Tamén é, de acordo á clasificación dos mares da Organización Hidrográfica Internacional,2 a única cidade arxentina (e porto) con costas e augas pertencentes ao Pacífico, se ben isto non é recoñecido abertamente polo estado arxentino, que formalmente considera á canle Beagle un paso bioceánico, pois doutro modo contradiría tratados limítrofes asinados con Chile os cales llo impiden.

Encóntrase na coordenadas: 54°4830S 68°1830O e a 6 msnm, emprazándose sobre a baía Ushuaia, rodeada ao oeste, norte e este polos Andes Fueguinos. Dende a posición do resto de Arxentina, é a única cidade do país á que se accede cruzando parte da Cordilleira dosAndes que percorre o bordo sur da illa Grande de Terra do Lume

Dez curiosidades de Colombia.

Colombia é un país situado no noroeste de America do sur. Administrativamente está dividido en 22 departamentos descentralizados e un distrito capital: Bogotá. A cordilleira que o atravese é os Andes, está bañado polo Océano Pacífico e o mar Caribe. Polo norte está unido a Panamá que ata principios do século XX pertenceu a Colombia. 
Algunhas das curiosidades que podemos saber sobre colombia poden ser estas:



1. No meu país hai 84 tribos indíxenas que enriquecen a diversidade e a cultura. 
2. É o terceiro produtor de café no mundo. Os colombianos están especializados neste tipo de produto. 
3. En Colombia unha árbore crece trece veces máis rápido que en Chile e nove veces máis que en Canada debido a presenza do clima ecuatorial. 
4. Sendo un territorio bastante máis pequeno que Brasil, temos o mesmo número de variedades de plantas (55.000) representando o 20% das plantas do mundo. 
5. É o segundo país do mumndo en biodiversidade. O primeiro por metro cadrado. 
6. Do seu subsolo extraense o 95% das esmeraldas do mundo. Boyacá é a maior mina. 
7. Hai máis de 1.700 variedades de aves. 
8. O pico máis alto de Colombia é o Cristóbal Colón a 5.800 m. Situado na Serra Nevada de Santa Marta. 9. En Colombia realizouse a primeira cesárea do mundo. 
10. O premio Nóbel de literatura Gabriel García Márquez, que faleceu este curso, era colombiano.

martes, 3 de xuño de 2014

O CANLE RIN - DANUBIO

 

                                O CANLE RIN-DANUBIO

 INTRODUCIÓN

O canle Rin-Danubio é un canle de navegación de gran capacidade, inaugurada o 25 de septembro de 1992. Este canle interconecta o Meno,afluente do Rin ao Danubio.

Permite o tráfico das maiores barcazas, as de 350 toneladas e os seus comboyes a 3300 toneladas atravesan Europa dende o Mar do Norte. 

En total foron necesarios 70 anos para construir un canle de 171 km de lonxitude.

HISTORIA     

 O emperador Carlomagno mandou construir esta canle no  ano 793, nas proximidades da actual Treuchtlingen iniciou un canteiro de obras, con sete mil homes, con todo, non conseguiron avanzar máis de 1 400 metros, a empresa fora superado polas dificultades e abandoado, sobre todo por mor dos deslizamentos de barro, alagamentos e afundimentos dos bancos debido ás fortes choivas .

IMPACTOS AMBIENTAIS  


O Rin-Meno-Danubio entrou en contacto con dúas cuencas hidrográficas que non eran unha interconexión natural, así, foi creado un vector para especies acuáticas invasoras ,mexillóns cebrado, invertebrados,

O impacto sobre a circulación de auga pode ser de varios tipos: en cursos que implica auga e recarga de acuíferos. 

Ademais, a canle de transporte pesado de auga é permitido pola positiva ambiental desde o punto de vista da economía de enerxía en relación ao transporte terrestre
                                                             3ºA  NATALIA GARCIA E LETICIA VARELA

A quinua

A quinua, denominada científicamente Chenopodium quinoa, é unha planta nativa do altiplano andino. Os máximos produtores no mundo son Colombia, Chile e sobre todo Bolivia que é o primeiro produtor mundial. Trátase dun pseudocereal que ten máis de 3.120 variedades.
Utilízase para usos alimenticios e cosméticos. É un alimento moi completo que aporta hidratos de carbono e de doada dixestión.
Tamén é empregada como uso medicinal para a ansiedade, diabetes, osteoporose a xaqueca entre outras doenzas.
Mide de un a tres metros, con follas longas e polimorfas. 
As áreas de maior produción en Bolivia atópanse en La Paz, Potosí e Oruro. En 2012 exportáronse máis de 26.000 toneladas.
Na miña casa a comemos habitualmente.



3º ESO A Cecilia Suárez e Victoria Suárez

Centenario del Canal de Panamá

A canle de Panamá cumple o centenario este ano. Esta vía que atravesa o istmo que leva o seu mesmo nome, une o Océano Atlántico co Océano Pacífico nas latitudes intermedias e facilita o transporte marítimo. Inaugurada o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os dous océanos xa que antes tiñan que dar a volta o Cabo de Fornos, o que provocou melloras económicas e comerciais.  
Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os patróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ó Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa mais curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae da costa pacífica de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.
Antes da súa inauguración xa houberan outros intentos por crear esta obra de enxeñería tan importante para o Mundo.


A historia
Remóntase aos primeiros exploradores de América. Isto ofrecía unha oportunidade única para cruzar os dous océanos. Os primeiros colonizadores de América Central fixáronse no potencial deste proxecto. A finais do século XIX fixéronse serios inicios do comezo da construción polos franceses capitaneados por Lesseps que viña de inaugurar outra canle de moitísma importancia como era a de Suez (unindo o Mediterráneo co Océano Índico) en 1869. O intento francés fracasou, dada a complexidade orográfica, entón Estados Unidos aproveitouse do esforzo dos franceses e acabaron construíndo a canle, finalizouse no ano 1914. 
Imaxe da canle de Panamá nun mural do parque Pasatiempo de Betanzos

Funcións da canle
 As súa función principal é o aforro de combustible no transporte marítimo, dado que non ten que dar a volta a toda América.

Futuras ampliacións
As ampliacións que se preveen facer son as maiores ampliacións do canal, se prevé duplicar o tamaño. Os cambios serán os seguintes:
-Contrución de esclusas novos no lado Atlántico e no Pacífico.
-Excavación de novos canles de acceso as novas esclusas. 

domingo, 1 de xuño de 2014

Lagoa de Cospeito

A lagoa de Cospeito é un humedal situado no concello que leva o mesmo nome, considerada unha das lagoas máis importantes de Galicia.

AS SÚAS CARACTERISTICAS 

Trátase dun dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da peninsula, as súas augas proveñen do río Guisande,afluente do Miño. 

Tempo atrás existian dúas lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecada para uso exclusivo agrario nun plan de colonización que se elaborou nos anos cincuenta do século pasado igual que sucedeu na lagoa de Antela na comarca da Limia (Ourense). 

  FAUNA E FLORA 

Neste humedal existen aves como avefrias, ánade silibón, ánade real e galiñas de auga etc. É, por outro lado, un observatorio de aves migratorias.

flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros.

  OPINION PERSOAL

Levamos algo de decepción porque a lagoa non era tan grande como esperabamos debido, á desecación que tivo nos anos sesenta do século pasado.

O que máis nos  gustou foi a paz e tranquilidade que transmitía o lugar,tamén a  súa natureza e algunhas especies que vimos dede os miradores que por alí había.

l
A lagoa de Cospeito ocupa actualmente o 40% da extensión orixinal. Este humedal fóra disecado en parte como un plan de colonización agraria. Hai un poema de Manuel María onde criticaba esta intervención tan degradante para o medioambiente.
  


Estará asulagada a antiga cidade de Valverde no fondo das súas augas? Loli relátanos a lenda.







 
 Detalle da lagoa no circuito que realizamos

 O sendeiro ten uns catro quilómetros. Subimos a unha torre observatorio de aves.











4ºESO B ALBERTO GARCIA  E JHONATAN CARDONA

sábado, 31 de maio de 2014

Castro de Viladonga

Empezouse a escavar en 1972, de forma periódica. Os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación continúan aínda hoxe en día.

Este xacemento é un verdadeiro modelo de castro característico do noroeste peninsular, con murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou anterrazamentos e unha ampla acrópole ou croa central. Neste recinto atópanse edificios de usos social ou comunal, vivendas, currais, almacéns; agrupados formando un conxunto que se articula nas dúas rúas principais e un camiño paralelo á muralla principal.

O Castro de Viladonga tivo un asentamento ou ocupación duradeira e importante entre os séculos II e V da nosa era. Este dato e moi importante porque racha coa visión de que a ocupación demográfica destes remata coa chegada dos romanos. Isto non é verdade. Cando se empeza a ocupar por parte dos romanos, Lugo (importante cidade da Gallaecia), os habitantes de Viladonga siguen vivindo neste núcleo que está situado a 25 km da capital. Os restos arqueolóxicos que se atoparon nestes castro pertencen á época da romanización como son os restos numismáticos (moedas) desta época.

Por último sinalar que o castro consta cun museo onde se describe con moito detalle as características e formas de vida que tiñan os poboadores deste núcleo.



 
A nosa opinión é que é un bo sitio para estar tranquilo e pasar a tarde vendo o xacemento. O que máis nos impresionu foi a conservación da muralla e a exposición do museo que se atopa ao lado do castro.


Visualización do vídeo explicativo sobre o castro

Maqueta do castro de Viladonga exposta no museo

Jonathan Cardona ás portas da entrada no castro

O grupo pasea e observa a parte consolidada do castro


Un descanso no interior


Edificio para uso comunal

4º ESO B Estrella Elizabeth Villanueva Vera e Noelia Barcia Muiño