Amosando publicacións coa etiqueta TRANSPORTES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TRANSPORTES. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de xuño de 2014

O CANLE RIN - DANUBIO

 

                                O CANLE RIN-DANUBIO

 INTRODUCIÓN

O canle Rin-Danubio é un canle de navegación de gran capacidade, inaugurada o 25 de septembro de 1992. Este canle interconecta o Meno,afluente do Rin ao Danubio.

Permite o tráfico das maiores barcazas, as de 350 toneladas e os seus comboyes a 3300 toneladas atravesan Europa dende o Mar do Norte. 

En total foron necesarios 70 anos para construir un canle de 171 km de lonxitude.

HISTORIA     

 O emperador Carlomagno mandou construir esta canle no  ano 793, nas proximidades da actual Treuchtlingen iniciou un canteiro de obras, con sete mil homes, con todo, non conseguiron avanzar máis de 1 400 metros, a empresa fora superado polas dificultades e abandoado, sobre todo por mor dos deslizamentos de barro, alagamentos e afundimentos dos bancos debido ás fortes choivas .

IMPACTOS AMBIENTAIS  


O Rin-Meno-Danubio entrou en contacto con dúas cuencas hidrográficas que non eran unha interconexión natural, así, foi creado un vector para especies acuáticas invasoras ,mexillóns cebrado, invertebrados,

O impacto sobre a circulación de auga pode ser de varios tipos: en cursos que implica auga e recarga de acuíferos. 

Ademais, a canle de transporte pesado de auga é permitido pola positiva ambiental desde o punto de vista da economía de enerxía en relación ao transporte terrestre
                                                             3ºA  NATALIA GARCIA E LETICIA VARELA

Centenario del Canal de Panamá

A canle de Panamá cumple o centenario este ano. Esta vía que atravesa o istmo que leva o seu mesmo nome, une o Océano Atlántico co Océano Pacífico nas latitudes intermedias e facilita o transporte marítimo. Inaugurada o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os dous océanos xa que antes tiñan que dar a volta o Cabo de Fornos, o que provocou melloras económicas e comerciais.  
Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os patróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ó Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa mais curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae da costa pacífica de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.
Antes da súa inauguración xa houberan outros intentos por crear esta obra de enxeñería tan importante para o Mundo.


A historia
Remóntase aos primeiros exploradores de América. Isto ofrecía unha oportunidade única para cruzar os dous océanos. Os primeiros colonizadores de América Central fixáronse no potencial deste proxecto. A finais do século XIX fixéronse serios inicios do comezo da construción polos franceses capitaneados por Lesseps que viña de inaugurar outra canle de moitísma importancia como era a de Suez (unindo o Mediterráneo co Océano Índico) en 1869. O intento francés fracasou, dada a complexidade orográfica, entón Estados Unidos aproveitouse do esforzo dos franceses e acabaron construíndo a canle, finalizouse no ano 1914. 
Imaxe da canle de Panamá nun mural do parque Pasatiempo de Betanzos

Funcións da canle
 As súa función principal é o aforro de combustible no transporte marítimo, dado que non ten que dar a volta a toda América.

Futuras ampliacións
As ampliacións que se preveen facer son as maiores ampliacións do canal, se prevé duplicar o tamaño. Os cambios serán os seguintes:
-Contrución de esclusas novos no lado Atlántico e no Pacífico.
-Excavación de novos canles de acceso as novas esclusas. 

mércores, 30 de abril de 2014

O eurotunel

http://gl.wikipedia.org/wiki/Eurot%C3%BAnel


O Eurotúnel ou Túnel da Mancha, denominado Channel Tunnel en inglés, le tunnel sous la Manche en francés e aínda alcuñado polos ingleses como The Chunnel, é un túnel ferroviario que liga a Francia á Inglaterra por debaixo de auga. A súa construción foi bastante demorada e o inicio das obras sufriu algunhas falsas partidas até a súa inauguración en 1994. É o segundo máis longo túnel ferroviario do mundo, apenas sobrepasado polo Túnel Seikan no Xapón.

En 1802, o enxeñeiro francés Matthieu Favier fixo unha proposta para a construción dun túnel, pero a súa proposta non se construir pois ata o ano 1875 que o constructor Peter Barlow foi o primeiro en construirun camiño de ferro subterráneo.


             

                                                                        3º ESO A RAQUEL EDREIRA E SILVIA LÓPEZ♥

sábado, 26 de abril de 2014

O transiberiano





O ferrocarril transiberiano é unha rede de transporte terrestre que ten unha extensión de 9.288 km e conecta a Rusia europea coas provincias do Lonxano Oriente asiático ruso, Mongolia e China.
A ruta principal foi inaugurada tras trece anos de traballo en 1904. Cunha extensión de 9.288 km (case nove veces a distancia entre A Coruña e Barcelona), une Moscú cola costa rusa do océano Pacífico, máis precisamente con Vladivostok (localizada no mar do Xapón, e cuxo significado en ruso é “poder sobre oriente”), atravesando a maior parte da que foi Asia soviética. Esta vía, que atravesa oito zonas horarias e cuxo percorrido demanda perto de sete días de viaxe, constitúe o servizo ferroviario continuo máis longo do mundo, con excepción da  ruta que se fai dúas veces ao mes regularmente, e que sirve de conexión entre Moscú y Pionyang (capital de Corea do Norte). Hai ramais a China, a través de Mongolia e Manchuria, con servizo continuo e a Corea del Norte como indicamos anteriormente.
Outro ramal de importancia dentro desta extensa rede ferroviaria é o Transmanchuriano, o seu percorrido coincide co  Transiberiano ata Társkaya,  a uns 1.000 km ao este do lago Baikal. Dende a cidade de Társkaya, o Transmanchuriano enfila cara o sudeste de China, e segue o seu percorrido ata finalizar en Pekín.
A terceira das rutas primarias é o Transmongoliano, que coincide no seu trazado co Transiberiano ata Ulan Ude, na beira este do lago Baikal. Dende Ulán Udé, o Transmongoliano enfila ao sur cara Ulán Bator (capital de Mongolia), tralo cal sigue en dirección sudeste cara Pekín.
En 1991 foi completada unha cuarta ruta, que vai máis ao norte, tras máis de cinco décadas de obras esporádicas. Coñecida como Ferrocarril Baikal-Amur, esta extensión, sepárase do Transiberiano varios centos de quilómetros cara o oeste do Lago Baikal, e o atravesa polo seu extremo norte. Esta ruta alcanza o océano Pacífico ao noreste de Jabárovsk, en Sovétskaya Gavan. Se ben brinda acceso á notable costa norte do Baikal, este ramal caracterízase tamén por atravesar zonas consideradas perigosas.

Vladivostok, situada no Pacífico, fóra conquistada polos rusos en 1880. Esta grande  cidade portuaria, estaba illada da Rusia europea e as súas provincias do Extremo Oriente era un problema importante nesta Rusia zarista. A construción do ferrocarril comezou en 1891 por iniciativa do conde Sergei Witte, que por aquel entón ocupaba o Ministerio de Finanzas.
 
O Transiberiano segue sendo a vía de comunicación más importante de Rusia, ao punto de que perto do 30% das exportacións deste país son transportadas por ela. Se ben o seu atractivo turístico leva a que moitos visitantes viaxen nel, todavía é moi utilizado polos rusos nos seus viaxes.


3º ESO A Jonathan Iglesias e Daniel Kulakov

mércores, 2 de abril de 2014