Amosando publicacións coa etiqueta GALIZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GALIZA. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de xuño de 2014

A muralla de Lugo


O día 24 de abril fomos recoller o premio do Correlingua 2014 a Lugo. Xa estiveramos algunhas veces nesta cidade pero nunca contestaramos ás preguntas que nos tiñamos formulado: cando estiveran os romanos en Galicia?, por que foi importante Lugo durante o imperio?, cando se construíron as murallas?. Unhas murallas que, por outro lado, son consideradas patrimonio da humanidade desde o ano 2000 pola UNESCO.
Coa axuda dun libro que se titula A muralla de Lugo, que nos regalaron o día da entrega do premio, imos tratar de dar resposta a estes interrogantes.

A chegada dos romanos

Dende o punto de vista dun romano da época a que había de ser Gallaecia era un territorio ubicado nas marxes do mundo coñecido, tras do cal abríase un enorme mar que quen sabe cabaría nunha temíbel fervenza. Por iso as terras galegas foron chamadas Finis Terrae.
Neste lugar afastado, frío e húmido, os civilizados invasores romanos só vían selva, a ausencia de viñas e oliveiras indicáballes ademais que tampouco había viño nin aceite, cousas imprescindíbeis nunha sociedade moderna.
Por outro lado, esta era unha terra salferida de aldeas e castros, seguramente subordinadas unhas ás outras, pero sen constituír nin de lonxe un estado como o romano. Nun lugar próximo a un destes poboados, que os romanos chamaban populos ou civitas, con influencia nun territorio extenso, que abarcaba desde o Lugo actual ata Padrón, asentaríase a futura Lucus Augusti.
Pero antes aínda tiñan que tomar posesión do territorio as lexións romanas.
Roma xa fixera algunhas incursións a finais do s. II a.C. con Décimo Xuño Bruto (alcumando O Galaico) ou a de Xulio César no 75 a.C., pero non deixaran de ser pequenas escaramuzas para gañar prestixio e levar algún tesouro.
Será a finais do século I a.C. cando Augusto conquiste e dominio o territorio da Gallaecia.

O campamento lexionario

Orixinariamente, a cidade de Lugo, foi un campamento romano. Unha peza arqueolóxica de granito coa incrición L. VI, é dicir, Legio VI, que foi unha das lexións que participou nas guerras de conquista das terras do noroeste peninsular asentáronse neste núcleo orixinario.
Este campamento só durou dez anos, xa que unha reorganización administrativa militar feita posteriormente por Augusto converteu o campamento nunha cidade.

A cidade romana

Lugo fundouse como cidade no 14 a.C. A nova división administrativa romana creou unha provincia denominada Gallaecia que a súa vez estaría subdividida en tres conventus (órganos administrativos, xudiciais e fiscais), que tería como capitais a Braga, Astorga e Lugo. O conventus lucensis abarcaría territorialmente a Galicia actual.
Lucus Augusti converteuse nun centro moi importante de comunicacións e relacións comerciais, ademais da capital administrativa do noroeste hispano. Esta condición debeu ser a causa de que as autoridades romanas decidiran fortificala.

A muralla

Aínda así a muralla é moi posterior. Probablemente foi erguida entre o 260-265 e o 310-325 da nosa era, cando Roma comezou a sentir a ameaza bárbara nas súas fronteiras, ademais das que proviñan das revoltas sociais no interior do propio imperio. Foi rematada no 337 na época do emperador Constantino.
A súa realización debeu exixir un importante despregue de medios humanos e económicos o que explica a súa excelente conservación.
O perímetro da muralla é unha elipse imperfecta, pois foi construída tendo en conta e aproveitando os desniveis do terreo. A lonxitude total do perímetro é de 2.678 metros e a altura oscila entre os oito e 12 metros. O camiño deronda, que é o pase actual pola cima do recinto, mide entre catro metros e medio e sete de ancho.
Na súa orixe a muralla contou con 85 torres das que quedan 72. O diámetro da plante semicircular oscila entre dez e algo máis de 13 metros. Estas sobresan do resto da muralla para poderen os soldados defender mellor desde elas os espazos laterais.
Da muralla orixinal consérvanse cinco portas: a Miña, a de Santiago, a de San Pedro, a Nova e a Falasa. As outras, ata dez coas que conta na actualidade, serían abertas posteriormente son: a do Bispo Aguirre, a da Estación, a de San Fernando, a Nova e a do Bispo Odoario, son novas e teñen un arco moito máis amplo e apainelado.
 
Visitar Lugo merece a pena sempre.

 Portas da muralla de Lugo.
1. Porta de San Fernando
2. Porta Falsa
3. Porta da Estación
4. Porta de San Pedro
5. Porta do Bispo Izquierdo
6. Porta do Bispo Aguirre
7. Porta de Santiago
8. Porta Miñá
9. Porta do Bispo Odoario
10. Porta Nova

3º ESO A JORGE RIVEIRO e CANDELA ALONSO

domingo, 1 de xuño de 2014

Lagoa de Cospeito

A lagoa de Cospeito é un humedal situado no concello que leva o mesmo nome, considerada unha das lagoas máis importantes de Galicia.

AS SÚAS CARACTERISTICAS 

Trátase dun dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da peninsula, as súas augas proveñen do río Guisande,afluente do Miño. 

Tempo atrás existian dúas lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecada para uso exclusivo agrario nun plan de colonización que se elaborou nos anos cincuenta do século pasado igual que sucedeu na lagoa de Antela na comarca da Limia (Ourense). 

  FAUNA E FLORA 

Neste humedal existen aves como avefrias, ánade silibón, ánade real e galiñas de auga etc. É, por outro lado, un observatorio de aves migratorias.

A  flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros.

  OPINION PERSOAL

Levamos algo de decepción porque a lagoa non era tan grande como esperabamos debido, á desecación que tivo nos anos sesenta do século pasado.

O que máis nos  gustou foi a paz e tranquilidade que transmitía o lugar,tamén a  súa natureza e algunhas especies que vimos dede os miradores que por alí había.

l
A lagoa de Cospeito ocupa actualmente o 40% da extensión orixinal. Este humedal fóra disecado en parte como un plan de colonización agraria. Hai un poema de Manuel María onde criticaba esta intervención tan degradante para o medioambiente.
  


Estará asulagada a antiga cidade de Valverde no fondo das súas augas? Loli relátanos a lenda.







 
 Detalle da lagoa no circuito que realizamos

 O sendeiro ten uns catro quilómetros. Subimos a unha torre observatorio de aves.











4ºESO B ALBERTO GARCIA  E JHONATAN CARDONA

sábado, 31 de maio de 2014

Castro de Viladonga

Empezouse a escavar en 1972, de forma periódica. Os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación continúan aínda hoxe en día.

Este xacemento é un verdadeiro modelo de castro característico do noroeste peninsular, con murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou anterrazamentos e unha ampla acrópole ou croa central. Neste recinto atópanse edificios de usos social ou comunal, vivendas, currais, almacéns; agrupados formando un conxunto que se articula nas dúas rúas principais e un camiño paralelo á muralla principal.

O Castro de Viladonga tivo un asentamento ou ocupación duradeira e importante entre os séculos II e V da nosa era. Este dato e moi importante porque racha coa visión de que a ocupación demográfica destes remata coa chegada dos romanos. Isto non é verdade. Cando se empeza a ocupar por parte dos romanos, Lugo (importante cidade da Gallaecia), os habitantes de Viladonga siguen vivindo neste núcleo que está situado a 25 km da capital. Os restos arqueolóxicos que se atoparon nestes castro pertencen á época da romanización como son os restos numismáticos (moedas) desta época.

Por último sinalar que o castro consta cun museo onde se describe con moito detalle as características e formas de vida que tiñan os poboadores deste núcleo.



 
A nosa opinión é que é un bo sitio para estar tranquilo e pasar a tarde vendo o xacemento. O que máis nos impresionu foi a conservación da muralla e a exposición do museo que se atopa ao lado do castro.


Visualización do vídeo explicativo sobre o castro

Maqueta do castro de Viladonga exposta no museo

Jonathan Cardona ás portas da entrada no castro

O grupo pasea e observa a parte consolidada do castro


Un descanso no interior


Edificio para uso comunal

4º ESO B Estrella Elizabeth Villanueva Vera e Noelia Barcia Muiño

xoves, 10 de abril de 2014

A casa das Hortas




A casa de Manuel Maria esta situada no lugar de Outeiro de Rei . Alberga o museo e a sede da Fundación que leva o seu nome.  Acolle a biblioteca, manuscritos  e obxectos persoais do poeta. Foi inaugurada o sete de setembro de 2013.

O primeiro que nos chamou a atención foi o grande e ben conservada que se atopaba ésta. O guía xa nos indicou que Manuel María era fillo de labregos acomodados e que o seu pai chegou ser o alcalde do concello.
A casa é o prototipo da casa chairega: co tellado a catro augas, situándose as habitacións e salón no primeiro piso e a cociña e comedor no baixo.
Dentro dos fondos que acolle a casa museo destacan obras de Castelao, Luis Seoane, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo e unha biblioteca persoal do poeta que contén as mellores coleccións particulares do libro galego e sobre a Galiza da posguerra .
Preparándonos para visitar a cas de Manuel María

Tellado do alpendre. Actual salón de actos da Fundación

Despacho do poeta cun retrato deste

As fiestras ábrense á paisaxe da Terra Cha, inspiradora da poesía deste autor

Detalle do salón. Por esta casa pasaron escritores e artistas moi importantes da cultura galega


Esta casa tamén supón un servizo para os propios veciños de Outeiro de Rei. O antigo alpendre foi convertido nun salón de actos.

OPINIÓN PERSOAL: Antes de visitar a casa demos un paseo pola carballeira de Santa Isabel, situada á beira do río Miño que nos gustou moito .

O que máis nos gustou foi a paisaxe  que se contemplaba desde unha das ventás dunha habitación. Entre a  colección de  obxectos que ali habia chamounos a atención as navallas que Manuel Maria coleccionou ao longo da súa vida.   

A biblioteca foi traída da súa casa da Coruña que estaba situada no barrio de Monte Alto. Está conservada tal como a tiña organizada no seu domicilio herculino. Manuel María era un gran amante da nosa cidade e pasou  un período extenso e intenso da súa vida nela.




4º ESO B Michael Junior Antigua Rodriguez,  Jorge Piñeiro Patiño

venres, 4 de abril de 2014

Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal


A Eurorexión Galiza-Norte de Portugal é unha eurorexión localizada no noroeste da península Ibérica.

                                           Características
O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total duns 51000 km², dos que 29575 corresponden a Galicia, e 21284 ao Norte de Portugal, e concentra unha poboación duns 6,4 millóns de habitantes, dos que 2796089 corresponde a Galicia, e 3745439 ao Norte de Portugal, o que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab./km².

                                           Constitución

Foi  a primeira eurorrexión da península ibérica, e só tiña dous referentes en Europa: a agrupación Francia-Belxica, con sede en Lille, e Hungría-Eslovaquia,con sede na cidade húngara de Esztergom. Vigo sería o centro de operacións da terceira eurorrexión.


                                          Actividades

A eurorrexión xestiona fondos europeos e proxectos de cooperación transfronteiriza. Ademáis, levará a cabo o plan Glicia-Norte de Portugal, que conta cun orzamento de 100millóns de euros e que xa puso en marcha 130 proxectos.

Unha das variábeis que mellor traduce a influencia da conxuntura económica na calidade de vida da poboacióné, sendubida, a taxa de desemprego en torno ao 11,7%. Neste ámbito, ambas as dúas rexións tiñan, nesa data, niveis de desemprego menos graves que as respectiva medias nacionais.
                                                               



Carlota Núñez Longueira y Aaron Lema Miranda 3ºeso A